Misa do Mar: Para coro mixto

Jesús Fernández-Pareja

A pesar de que o panorama da música relixiosa española deixa moito que desexar, hai que salvar puntuais iniciativas, que buscaron unha certa calidade dentro dunha conveniente sinxeleza, que poña a interpretación ao alcance dos coros amateurs. Algo que reclamaba xa o movemento cecilianista en pleno século XIX, buscando a nobreza sen excesos, en tesituras cómodas, a biensonancia e a moderación nas súas lonxitudes, que non necesitan alcanzar o grao de «celestiais», que dicía Schumann. É o que pretendeu Jesús Fernández-Pareja y Marín na súa misa, de textura preferentemente polifónica vertical, onde predomina o acorde, a simultaneidade silábica do texto, como no clásico «coral» da relixiosidade alemá, pero con outra conduta melódica, que a converte en útil, digna e evidente vehículo de relixiosidade popular. Xiros melódicos que se reiteran establecen un certo carácter cíclico que lle confira vínculos de unidade e afinidade ás súas diferentes pezas. O simple canto unisonal da súa melodía acompañada pola redución das voces ao órgano preséntase moi eficaz (nalgún caso requiriría un cambio de tonalidade). Como confesa o autor, non pretendeu emular as medievais misas polifónicas de Barcelona ou de G. de Machaut, pero, coñecendo tamén as técnicas de vangarda, sitúase onde convén. Esta Misa do Mar (nacida a instancias de D. Casimiro, da parroquia de Mugardos) non se limita a pór en música as partes do Común (ás veces lixeiramente glosadas), senón que acolle entre os seus números pezas de texto libre para os diversos momentos do Propio, o que permite cubrir as necesidades de calquera circunstancia.

15,00 

Hay existencias

SKU: misa-do-mar-para-coro-mixto Categoría:

Detalles

N.º de páginas

28

Tamaño

DIN A4

Sobre el autor

Jesús Fernández-Pareja