Concerto en estilo antigo: Para violín e orquestra de cordas

Manuel Quiroga

O “Concerto en estilo antigo para violín y orquesta de cuerda” foi composto en París en 1924. Estréao o propio autor acompañado da súa esposa “en versión de violín e piano” o 31 de marzo de 1925 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña baixo o título “Concerto de intrata”, que logo interpretou tamén no teatro Tamberlick de Vigo. Trátase dun concerto en tres movementos para violín e orquestra de cordas, inspirado nos concertos barrocos italianos das escolas boloñesa e veneciana.

Neste ano 2011, no que se rememora o quincuaxésimo aniversario do falecemento de Manuel Quiroga e o centenario da concesión do Primeiro Premio de Violín do Conservatorio de París, desexamos que se recupere a excelsa figura do violinista galego máis importante do século XX: virtuoso entre os máis célebres de Europa e América, considerado polos franceses como un artista seu e herdeiro incuestionable de Pablo Sarasate.

35,00 

Hay existencias

SKU: concerto-en-estilo-antico-para-violan-e-orquestra-de-cordas Categorías: , Etiqueta:

Detalles

Formato

CD+Libro

N.º de páginas

58

Tamaño

DIN A4

Sobre el autor

Manuel Quiroga