A mansión dos anxos

Música de Salón de compositores pontevedreses do XIX e XX
Alejo Amoedo, piano

Alejo Amoedo presenta neste LP, nun formato físico de disco de vinilo de 12 polgadas, un novo achegamento —na súa dobre faceta de intérprete e investigador— á música de salón galega para piano.
O xénero da música de salón ocupou un lugar privilexiado no rexurdimento musical galego producido desde a segunda metade do século XIX, no que os autores, partindo dos modelos europeos tanto académicos como populares, definiron paulatinamente unha música con características propias.
Este disco presenta unha panorámica xeral da produción de salón de diversos autores da contorna das Rías Baixas, que abarca un marco temporal de aproximadamente tres décadas, coincidentes co período culturalmente significativo para a toda cultura europea do fin de siècle.

O disco inclúe os códigos QR para a descarga gratuita das pezas en formato .wav de alta calidade, que pode ser reproducido noutros dispositivos.

Se queres o disco dedicado por Alejo Amoedo, indica o texto da dedicatoria nas observacións ó realizar a túa compra.

20,00 

Hay existencias

SKU: a-mansion-dos-anxos Categoría:

Detalles

Formato

LP (disco de vinilo de 140 gr)