A linguaxe da música

Propostas de acceso aos distintos cursos das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música

Mónica Balo González

20,00 

Hay existencias

Detalles

N.º de páginas

100

Tamaño

DIN A4

ISBN

978-84-123180-7-4

Sobre el autor

Mónica Balo González

Foi a Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo a que estableceu, no seu artigo 40, a posibilidade de que as administracións educativas aplicaran criterios de ingreso para o acceso, naquel momento, ao denominado grao elemental. Alén disto, o mesmo artigo facía referencia á necesidade de superar unha proba específica para o acceso ao grao medio. Con posterioridade, a LOE-LOMCE non lexislou as ensinanzas elementais, deixándoas nas mans das Comunidades Autónomas que, de modo xeral, continuaron realizando estas probas de acceso. No caso do acceso ás ensinanzas profesionais, o artigo 49 da citada Lei non variaba fundamentalmente as súas directrices, establecendo que, para acceder ás ensinanzas profesionais de música, facíase necesario superar unha proba específica de acceso regulada e organizada polas administracións educativas. Poderá accederse do mesmo xeito a cada curso sen ter superado os anteriores a través dunha proba na que o aspirante demostre ter os coñecementos necesarios para cursar as citadas ensinanzas.

A presente publicación pretende configurarse coma unha proposta persoal para a realización das citadas probas de acceso. Ademais disto, os contidos das distintas probas son froito dunha reflexión constante levada a cabo ao longo da traxectoria profesional da autora ao longo de moitos anos de desenvolvemento da súa labor coma docente de Linguaxe Musical. A información de todo o proceso de aprendizaxe que realiza o alumnado debe ser coñecida polos actores principais, que son os discentes, polo que é preciso elaborar ferramentas que axuden a levar a cabo esa adquisición de coñecementos. Así, esta publicación recolle rúbricas e guías auditivas que, sen dúbida, facilitarán os obxectivos a adquirir.