Blog

Así fan os bailadores…

 

Unha volta polo medio,
outra polo arredor-e.
Así fan os que ben bailan,
así fan os bailadores.

«Así fan os bailadores…» contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego. O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que posúe a calidade requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben á escoita por pracer.


O interese da obra vai moito máis aló da mera práctica, visualización e escoita da música nela contida, ao incluír a reprodución en cinetografía das danzas e bailes practicados.

Un método de escrita aplicado á danza, ideado por Rudolf Laban a comezos do século XX e coordinado nesta obra por János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador do Instituto de Musicoloxía da Academia Húngara das Ciencias de Budapest, e que é a primeira vez que se edita no Estado español. Xunto a el, son autores deste proxecto Xabier Iglesias (mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional), Juan Parga (músico e mestre especializado en Educación musical) e Sergio de la Ossa (etnomusicólogo).

Este traballo está dirixido a profesores de Educación primaria e secundaria, así como doutros niveis educativos, animadores culturais e monitores de tempo de lecer, e mestres de baile tradicional; tampouco esquecimos ás familias que queiran iniciar ás nenas e nenos nos nosos bailes e danzas, que conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial.

Unha mostra do contido do DVD:

Audio da peza: 

A información relativa a esta danza:

[gview file=»http://www.dosacordes.es/multimedia_blog/Piruxalda.pdf»]

Vídeo «Como fixemos Así fan os bailadores…»: